- "Daría o meu brazo dereito por ser ambidextro."
- "Se te atopas cunha bifurcación no camiño, cóllea."
- "Pódense observar moitas cousas tan só con mirar."
- "A este lugar xa nunca ven ninguén porque sempre está cheo."
- "Non me podo concentrar cando estou a pensar".
- "O futuro xa non é o que era."
- "Non lles vou comprar aos meus fillos unha enciclopedia. Que vaian á escola camiñando coma min!"
- "Estamos perdidos, pero estamos a conseguir unha boa marca."
- "A metade das trolas que a xente di sobre min non son verdade."
- "Hoxe en día, unha moeda de cinco non vale nin dez."
- "É coma un déja vu isto de vivilo outra vez."
- "No remata ata que remata."
- A Lindsay: "Teño frío só con verte". Yogi Berra: "Grazas. Tampouco é que eu sinta lume no corpo ao verte a ti."
- "Se o mundo fose perfecto, non o sería."