- "Daría o meu brazo dereito por ser ambidestro."
- "Cando chegues a un cruce na estrada, cólleo."
- "Podes observar moitas cousas con só mirar."
- "Xa non vai ninguén alí. Está moi cheo."
- "Non me podo concentrar cando estou a pensar."
- "O futuro xa non é o que era."
- "Non lle vou comprar unha enciclopedia ós meus fillos. Deixaos que camiñen ata a escola como fixen eu."
- "Estamos perdidos pero estamos facendo unha boa media"
- "A metade das mentiras que din sobre min non son certas."
- "Un céntimo xa non vale nin un duro"
- "É coma un déjà vu, unha e outra vez."
- "O xogo non acaba ata que remata"
- Srta. Lindsay: "Véseche xenial." Yogi Berra: "Grazas, a ti non se che ve moi ben."
- "Se o mundo fose perfecto, xa non o sería."
| Entry #11578
|
- "Daría a miña man dereita por ser ambidextro."
- "Cando te atopes cunha bifurcación na estrada, cóllea."
- "Podes observar moitas cousas só con mirar."
- "Xa non vai ninguén alí, porque hai demasiada xente."
- "Non me concentro cando penso."
- "O futuro xa non é o que era."
- "Non lles penso mercar unha enciclopedia aos meus fillos. Que vaian camiñando á escola, como fixen eu."
- "Estamos perdidos, pero así gañamos tempo."
- "A metade das mentiras que din sobre min non son verdade."
- "Os céntimos xa non valen un peso."
- "Teño unha sensación de déjà vu repetida."
- "Isto non remata ata que acaba."
- Dona Lindsay: "A verdade é que estás ben." Yogi Berra: "Grazas, ti tampouco pareces estar enferma."
- "Se o mundo fose perfecto, xa non sería perfecto."
| Entry #12124
|
- "Daría o meu brazo dereito por ser ambidextro."
- "Se te atopas cunha bifurcación no camiño, cóllea."
- "Pódense observar moitas cousas tan só con mirar."
- "A este lugar xa nunca ven ninguén porque sempre está cheo."
- "Non me podo concentrar cando estou a pensar".
- "O futuro xa non é o que era."
- "Non lles vou comprar aos meus fillos unha enciclopedia. Que vaian á escola camiñando coma min!"
- "Estamos perdidos, pero estamos a conseguir unha boa marca."
- "A metade das trolas que a xente di sobre min non son verdade."
- "Hoxe en día, unha moeda de cinco non vale nin dez."
- "É coma un déja vu isto de vivilo outra vez."
- "No remata ata que remata."
- A Lindsay: "Teño frío só con verte". Yogi Berra: "Grazas. Tampouco é que eu sinta lume no corpo ao verte a ti."
- "Se o mundo fose perfecto, non o sería."
| Entry #11960
|